Hai uns días probamos unha plancha de fundición da marca Garcima (trae grabado Guison na parte ondulada). Ten una parte lisa con un pequeno rebaixe a un lado para recoller os líquidos.
Ten 25 cm de diámetro e costa uns 15 euros contando cos gastos de envío.
A intención era usala para facer filloas. Na casa sempre houbo filloeira de tres platos, incluso a miña avolita tiña unha de catro con un pequeno no medio.
A primera vez que as fixemos, para estreala, usamos de amoado a masa dos fisuelos rebaixada con un pouco de auga. As primeras pegáronse un pouco.
É normal. Con una paleta de madeira e botándolle aceite fun facendo que as dera.
Gardámola con unha capa de aceite polas duas caras sen fregala. É moi importante non raiala. Despois metémola entre papeles de periódico e lista.
A segunda vez, a semana pasada, xa fixemos o amoado coma sempre. Saberedes que esto cambia de uns lados a otros de Galicia. Polo menos no norte de Oleiros, nas Mariñas, facemolo con auga do caldo, fariña de trigo e máis ovos. Queda algo algo máis espeso que o leite, pero pouco máis.
Perfectas. A primeira xa valía anque cando arrefrióu fou para o Tor, o noso canciño.
IMPORTANTE: non val para vitro, ten que ser gas o leña, a parte de debaixo non é lisa.
Por certo, fixémolas no lume grande case que ao mínimo.
Seguiréi contando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario